Facerse socio da nosa Asociación é algo máis que axudarnos. Coa túa cota de socio, estanos dando o teu apoio económico, imprescindible para que este proxecto perdure no tempo e teña a capacidade de desenrolar todas as actividades que xa coñeces. Pero ademais é a mellor forma de incrementar a nosa familia, porque dese xeito, ti serás un máis de nos; terás capacidade de decisión nas asembleas, terás oportunidade de unirte ao equipo directivo, terás a capacidade de axudarnos a mellorar!
Podes elixir, segundo as túas preferencias persoais, si desexas facerte socio da sección feminina, representada polo BM Coruña, ou da sección masculina, representada aos efectos da xestión de socios, polo BM Ártabro.
Socios da sección feminina
Socios da sección masculina
| Tipo de socio | Cuota Anual |
|---|---|
| Normal Socios individuais, con pleno dereito a voz e voto nas asembleas (só no caso de ser maiores de idade). |
30 € |
| Familiar Para agrupar a toda a familia en torno a un mesmo número de socio. Só o titular do carné terá dereito a voz e voto nas asembleas. |
50 € |
| Socio protector
Para todos aqueles que desexen incrementar a súa axuda ao club, aínda que non estean vinculados de ningún outro xeito á nosa entidade. |
90 € |
Ademais, ser socio ten outras vantaxes:
- Reducción da cota da escola de base para todos os xogadores. Aqueles que sexan socios, ou pertenzan a un grupo de socio familiar, terán unha cota reducida de 20 €.
- Descontos na compra de material deportivo.
- ...
Envía a túa solicitude de socio
Completa o seguinte formulario para que che enviemos máís información.






