O Ártabro UDC xuvenil non pode facer fronte ao Teucro no seu terreo.
30 / Noviembre / 2008Non era o mellor día para pensar en obter algún punto, pois tocaba visitar a pista dun dos máis grandes da categoría. A diferenza entre os dous equipos é aínda moi importante e así se manifestou no campo practicamente desde o asubío inicial.
O Teucro mostrouse como un rodete, sen afrouxar nada a súa intensidade de xogo durante os 60 minutos, a pesar de ter o partido solucionado moito antes. No cadro ártabro, David Díez, un dos referentes do equipo durante toda esta liga, apenas puido ofrecer uns poucos minutos en defensa, lastrado cunha tendinite no ombreiro do seu brazo executor, reservándose para ocasións nas que a súa participación poida ser máis produtiva, polo cal o xogo de ataque dos nosos viuse tamén bastante mermado.
Con este panorama, as opcións non eran moi altas e como para deixalo claro, o equipo xogou todo o partido un tanto cohibido e sen chegar a soltarse, o que fronte a un rival desta entidade, só podía ter unha consecuencia: unha contundente derrota.
A pesar de todo, resultados como este, ante equipos aínda moi superiores, non deben empañar a boa traxectoria de traballo que o grupo está seguindo, e xa hai que prepararse para recibir ao Lavadores dentro de 15 días, tras o parón da ponte da Constitución.
SD Teucro Sup. Moldes 44 (24 ao descanso): Magariños, Bar (4), Hermida (3), Agulló (3), Vázquez (1), Ferrín (2), Carballo (6), Marsillas (4), Castaño, Chapela (1), García (6), Pombo (6), Garrido (4) e Gehrhardt (4). Total exclusións: 2.
Ártabro UDC 11 (7 ao descanso): Bargo, Suárez, P. Pallas (3), H. Pallas (1), Varela, Canosa, Díez, Arias (3), Núñez, Etheve (2), Vallejo (1) e Arnaiz (1). Total exclusións: 1.
Árbitros: Pablo Goitia e Juan Iglesias.






