Entrevista: Rosa Mosquera - Historia Viva del Balonmano Coruña

Entrevista: Rosa Mosquera - Historia Viva del Balonmano Coruña

Creado Viernes, 16 Octubre 2009
Favoritos Agregar a favoritos
Votos
(0 votos)

1, Como jugadora veterana y miembro del balonmano Coruña, ¿Cual sería tu definición del balonmano hoy en día?

Definiría o balonmán como un deporte colectivo practicado por minorías , divertido , que en categorías senior está tendo ,na actualidade ,os mellores resultados tanto na feminina como na masculina pero que non aproveitou o empuxe da consecución do campeonato do mundo para dar o impulso necesario e facer máis popular este deporte.

2, El jugador de balonmano ¿nace o se hace?

Eu creo que hai persoas que nacen cunhas cualidades óptimas para a práctica deportiva pero tamén creo que cunhas mínimas aptitudes, perseverancia , adicación e traballo se pode chegar a ser unha boa xogadora de balonmán.

3, En el balonmano actual, ¿Tener un buen presupuesto es sinónimo de éxito?

No balonmán actual español creo que si, non hai máis que analizar os presupostos dos primeiros clasificados nas divisións de honra das categorías femininas e masculinas, está claro que son os máis altos; agora ben, hai outros factores que inflúen tamén no éxito como pode ser a elección de xogadoras e adestradores,a xestión dos recursos,o traballo coa base,…

4, Todos sabemos que Tito es irremplazable pero, ¿Puede la asociación volver a poner el balonmano femenino en el camino adecuado para volver a ser un modelo a seguir en el deporte femenino en Coruña?

Nese camiño andamos. Por suposto que o labor de Tito é moi difícil de superar porque non creo que nos volvamos a atopar con outra persoa que se dedique dunha maneira altruista a esta empresa, pero para eso está a Asociación e o club que porá todo o seu empeño en recuperar o balonmano feminino para a cidade poñendo todos os seus medios para conseguilo.

5, Tras más de 25 años ligada a este deporte ¿qué ha supuesto el balonmano para Rosa?

Xoguei durante 20 anos no equipo de División de Honra e 1ª División; fun adestradora dos equipos base despois de obter o título de adestradora nacional, fun delegada do equipo de 1ª División e 2ª División, adestradora de porteiras, directiva ; polo tanto o balonmán para min foi unha experiencia vital moi importante:coñecín a moitas persoas, teño grandes amistades que ,ao final, é o que importa.

6, Un breve balance de la temporada

Comezamos a temporada con moita ilusión pero con moito nerviosismo, pouca preparación física e moitas dificultades xa que as xogadoras non se coñecían prácticamente pero no transcorrer dos encontros o equipo foi mellorando en todos os aspectos , mesmo chegamos a ter momentos brilantes nalgún encontro o que amosa que hai calidade e futuro.

7, ¿Está el objetivo cumplido?

Por esta temporada está cumprido con creces. Sabemos que os resultados chegarán a medio prazo.

8, ¿Volveremos a tener equipo femenino la temporada que viene en Coruña?

Si.Esa é a intención do club. Dende aquí animo ás entidades privadas a colaborar neste proxecto de recuperación de balonmán feminino na cidade.

9, ¿Cuales serán los objetivos?

Estar entre os primeiros clasificados e a medio prazo ascender á 1ª División Nacional que é o lugar natural do balonmán coruñés.

10, ¿Qué tal la cantera?

Ise é un obxectivo que non cumprimos a pesares de pór todos os medios ao noso alcance. Estamos colaborando con ANPAS de catro centros públicos da cidade que ofertaron a actividade de balonmán e que agora mesmo están disputando un torneo todos os sábados , temos tamén a Escola de Balonmán pero non conseguimos xuntar o mínimo número de xogadoras para formar un equipo . Iso , sen dúbida , debe ser un obxectivo prioritario para a temporada que ven.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Asociación Ártabro - Balonmano para todos. Todos los derechos reservados.

Versión 2.0 de la Web | Versión 1.0 de la Web | Administracion

miguelpuig.com