A finalidade do proxecto é:
Promocionar o balonmán entre a poboación dos concellos pertencentes á rexión ártabra, baseando o proxecto na formación, na educación, na integración, na igualdade e no fomento da saúde e do benestar sen renunciar a esencia competitiva do deporte de alto rendemento.
Para acadar a nosa finalidade, propoñemos os seguintes obxectivos:
- Xerar grupos de balonmán base (alevín e benxamín) de carácter mixto (buscando a paridade de xénero) que permitan a creación de núcleos de traballo localizados nas distintas poboacións e barrios dos núcleos de poboación que se integran neste proxecto.
- Incrementar os niveis de práctica feminina no balonmán da nosa zona de influencia.
Incrementar o número de licencias tanto de xogadores como de técnicos na zona norte e tanto de xénero masculino coma feminino para incrementar a calidade da competición.
- Garantir a práctica deportiva continuada a calquera neno ou nena que pretenda proseguir con ela en anos sucesivos con independencia da categoría na se que se encandre.
- Deseñar, promover e organizar, en colaboración coas institucións oficiais correspondentes, actividades de promoción do balonmán para estender a súa difusión a toda a área de influencia do proxecto.
- Definir criterios e principios de formación comúns para o proxecto e que garantan a correcta realización do mesmo así como a homoxeneidade na proposta.
Creación da LIGA ÁRTABRA de balonmán base entre os diferentes grupos que integran este proxecto.
- Acadar un maior número de participantes da zona norte nas seleccións galegas das diferentes categorías de base.
Promover a formación de técnicos e de árbitros na zona norte.
Escribir un comentario